Facilitación de grupos e participación social
Área dedicada á participación e acompañamento de procesos grupais, apoio ao desenvolvemento organizacional e deseño de proxectos de participación social e mediación comunitaria.
Xéneros e identidade
Área centrada nos xéneros, a identidade, a equidade, o empoderamento e a transformación das relacións para a xustiza social.
Cultura, memoria e territorio
Área vinculada á cultura e a dignificación dos territorios, desde as disciplinas da historia, a educación ambiental e a divulgación das memorias subalternizadas. O obxectivo é que as persoas comprendan e valoren os espazos que habitan e se comprometan no seu coidado e xestión.
Camiños Escolares Seguros
Proceso participativo para deseñar rutas seguras ao colexio e fomentar a mobilidade sostible. Desenvolvémolo no CEIP Ramiro Sabell de Ponteareas, e no IES Pintor Colmeiro de Silleda, en colaboración coas arquitectas Natalia Campos e Alejandro F. Palicio.
Apoderamento lingüístico. Ferramentas desde a Educación Social
Apoderamento lingüístico. Ferramentas desde a Educación Social” é un obradoiro dirixido a alumnado do Grao de Educación Social, e deseñado para a UDC.
Do conflito ao soño
Esta formación está dirixida ao profesorado co obxectivo de reforzar as súas habilidades docentes, dotando de ferramentas para xestionar os desafíos que as profesionais da educación encaran dentro e fóra da aula. As sesións están facilitadas por Anna Pujol e Lucía Suanzes.
“A rexeneración non e só reparar o perdido, e sembrar futuro, transformar vidas e devolver ao mundo seu equilibrio natural.”
Facilitación de grupos
IX edición do “Curso Básico de Facilitación de Grupos. Ferramentas e habilidades para a xestión de colectivos”, acreditado polo Instituto de Facilitación e Cambio (IIFACe)
Resolución de conflictos
E se os conflitos fosen unha oportunidade de transformación? Módulo formativo de facilitación de grupos no que achegarnos ao conflito, adquirindo ferramentas para intervir a nivel individual, relacional e grupal.
Facilitación de grupos
Curso Medio de Facilitación de Grupos acreditado polo IIFAC-e, con Anna Pujol e César Fernández na coordinación e a docencia.
Ei ti, sé ti!
Espazo vivencial no que afondar na identidade persoal, acilitado por Anna Pujol e César Fernández.
Do conlito ao soño
Curso orientado a profesoras e profesores, mestres e mestras, con interese en reforzar as súas habilidades docentes.