Rexenerando

Formacións

A Factoría é un dos nomes cos que se coñecen popularmente os estaleiros en Ferrol, corazón do espírito colectivo, rebelde e obreiro da comarca. A Factoría é tamén o espazo formativo de Rexenerando S. Coop. Un lugar desde o que contribuír á construción colectiva de relacións humanas máis xustas e integrar nas nosas prácticas diarias a revolución que supón aprender a traballar mellor en grupo.

Curso básico de facilitación de grupos

IX edición do “Curso Básico de Facilitación de Grupos. Ferramentas e habilidades para a xestión de colectivos”, acreditado polo Instituto de Facilitación e Cambio (IIFACe)

Dirixido a todas aquelas persoas vinculadas co ámbito da educación, o acompañamento a equipos e organizacións, a mediación, o emprendemento social, a dinamización sociocomunitario, a animación sociocultural, activismos, etc., interesadas en promover cambios positivos e satisfactorios nos seus grupos ou comunidades, cun enfoque participativo e innovador e que potencie a diversidade.

DATA
Outubro 2024 – xuño 2025

LUGAR
Santiago de Compostela

Seminario Resolución de conflitos

E se os conflitos fosen unha oportunidade de transformación? Módulo formativo de facilitación de grupos no que achegarnos ao conflito, adquirindo ferramentas para intervir a nivel individual, relacional e grupal. Unha ocasión para aprendermos a relacionarnos co conflito con menos incomodidade, valorando o potencial creativo destes procesos para as organizacións e equipos. 15h de formación, entre o 26 e o 28 de abril de 2024, no Centro de Emprendemento “A Estación” de Vedra.

DATA

26 – 28 abril

LUGAR
Vedra

Curso Medio de Facilicitación de Grupos

Curso Medio de Facilitación de Grupos acreditado polo IIFAC-e, con Anna Pujol e César Fernández na coordinación e a docencia. Esta formación dá continuidade ao Curso Básico, e o seu obxectivo é ofrecer un espazo no que afondar e poñer en práctica as habilidades, técnicas e ferramentas básicas para a facilitación de procesos grupais. A través da experimentación co propio grupo, as persoas participantes terán a oportunidade de co-facilitar con supervisión das formadoras do curso

DATA
Pendente lanzamento de nova edición. Máis información en info@rexenerando.com

FORMACIÓN BONIFICADA
Formación bonificada pola Fundae  —Fundación Estatal para a Formación no Emprego.

Formacións anteriores

Ei ti, sé ti!

Espazo vivencial no que afondar na identidade persoal, acilitado por Anna Pujol e César Fernández. O obxectivo é ampliar a consciencia e claridade sobre cales son elementos mais significativos que conforman, de maneira xenuína, a nosa identidade, iso que nos fai ser nós mesmas e que nos permite sentirnos máis libres e aportar máis valor ás nosas vidas e ao mundo. Destinado a educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, activistas sociais, animadores/as socioculturais e, en xeral, calquera persoa interesada na transformación social.

DATA:
Do 1 ao 3 de febreiro, 2019

LUGAR:
Santiago de Compostela

PREZO:
195€

Do conflito ao soño

Curso orientado a profesoras e profesores, mestres e mestras, con interese en reforzar as súas habilidades docentes. O obxectivo é fornecer ferramentas para xestionar os numerosos desafíos que as profesionais da educación afrontan dentro e fóra da aula. Baseándose no Traballo de Procesos, tanto para facilitar unha caixa de ferramentas prácticas coma un espazo de foro para o intercambio de experiencias con outras profesionais da educación, desenvolveranse aquelas habilidades coas que conta cada persoa para desempeñar o seu traballo dun xeito efectivo e respectuoso consigo mesma e co resto da comunidade educativa.

DATA:
2ª Edición, 2019
Por confirmar

 

LUGAR:
Por confirmar

Traducir