Recursos
Nesta sección atoparás as publicacións e recursos que creamos como parte do noso compromiso coa xustiza social e a intervención sociocomunitaria. Estes materiais son o froito do noso traballo interdisciplinar e da nosa experiencia desenvolvendo proxectos.
Queremos compartir coñecemento, boas prácticas e ferramentas que axuden a transformar realidades, fomentar os vínculos colectivos e construír comunidades máis xustas e sostibles. Todas as nosas publicacións están dispoñibles para consulta e descarga.
Explora os contidos e utiliza os recursos que mellor se adapten ás túas necesidades. Estamos encantados de contribuír á difusión de ideas que impulsen o cambio social.
A festa, de hoxe nun ano
A festa, de hoxe nun ano
“A festa, de hoxe nun ano” é unha publicación feita para a Asociación Airiños da Capela, en colaboración con veciñanza participante en comisións de festas para os festexos patronais nas últimas décadas. O seu obxectivo é recoller parte desa memoria das festas, servir de guía útil para as novas persoas que asuman este encargo, e poñer en valor esta poderosa fórmula de organización comunitaria.
Gozando en igualdade
Gozando en igualdade
Gozando en igualdade é un proxecto de coeducación para comunidades escolares, centrado no acompañamento das sexualidades na infancia. No 2022 desenvolvemos esta guía para a ANPA do CEIP de Prácticas (A Coruña). Está dirixida a profesorado e familias, e contén unha revisión crítica do modelo de educación sexual, indicacións para abordar as sexualidades nas diferentes etapas de crecemento das crianzas e recursos de apoio.
Ferrol Rebelde. Mapa da historia obreira
Ferrol Rebelde. Mapa da historia obreira
O mapa “Ferrol Rebelde” é un proxecto de divulgación e dignificación da memoria obreira da cidade. Cen anos de historia resumidos en cincuenta puntos, espazos senlleiros que visibilizan un movemento obreiro rico, diverso, pioneiro e resiliente. Unha nova oportunidade para achegarnos a este relato fundamental na identidade ferrolá e promover o diálogo social arredor del.